Zapping en directo na tenda Play

Mañá terá lugar na tenda Play de A Coruña (sita na rúa Federio Tapia, nº 43, xusto debaixo da Praza de Vigo) a emisión en directo do programa de...

Tenda Play
Mañá terá lugar na tenda Play de A Coruña (sita na rúa Federio Tapia, nº 43, xusto debaixo da Praza de Vigo) a emisión en directo do programa de radio Zapping, estando o evento aberto ó público (que deberá chegar ás

19:30 horas para poder acomodarse) no que será unha velada chea de emocións, sorpresas e agasallos (doados pola tenda, e entre os que está algún que outro iPod). ¿Poderédevos resistir a asistir?

Mentres non chega a festa de Zapping para despedir o ano, recoméndovos pasar polo podcast para repasar os programas anteriores. Tamén os podedes engadir a iTunes para que Txuri e Antón cheguen de xeito doado ó voso iPod ou iPhone 😉
Para quecer os motores, déixovos co programa do pasado día 7 no que anunciaban o directo en Play:

zp8497586rq

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...
  • Como ser Armario Empotrado chega aos escenarios

    O vindeiro venres estréase na Illa de Aurousa o novo espectáculo de Marcos Pereiro, Como ser Armario Empotrado, un monólogo que durante un par de meses percorrerá Galicia en...
  • Marcus, p.i. na Radio Galega

    Seguindo unha broma sobre a sintonía da miña sección no programa A Tarde da Radio Galega, pedín ao actor Miguel Pernas que berrase o meu nome para metelo na...