5 Novembro, 2007
Nacho nos amosa en Microsiervos o videoclip da canción de 1967 na que se inspirou a sintonía de Futurama:
¡Incrible! O tema está feito de xeito case artesanal, polo que supoño que o tal Pierre Henry era todo un xenio. Iso da música electroacústica (musique concrète) é toda unha descuberta para min (e iso que ata Zappa tiña temas deste estilo). Unha gozada poder escoitar música así, e cun vídeo tan currado, que me fai estimar cada día máis a Matt Groening pola escolla de fontes de inspiración.