18 Outubro, 2007
Andrés Milleiro recolle no seu blog un corte de Muchachada Nui no que se ilustra o suplicio que supón chamar ó servizo técnico das operadoras que nos achegan a Internet ós nosos fogares:
A verdade é que parece coma se no outro lado da liña estivesen os mozos de The IT Crowd, serie que se estreará o sábado 24 de novembro en Canal + baixo o título de Los Informáticos e que vai facer que o lema de «¿ha probado a apagar y encender?» se convirta na relixión de máis dun «infectado, que non zombie» (como ben destacan en Microsiervos).