SMatka: Wrong Time

Fagamos un experimento. Metamos nunha licuadora a Miguel Ángel Martín, Marilyn Manson, Tim Burton, o Dance Dance Revolution para Dreamcast (ou unha edición de We Love Katamari) e a...

Fagamos un experimento. Metamos nunha licuadora a Miguel Ángel Martín, Marilyn Manson, Tim Burton, o Dance Dance Revolution para Dreamcast (ou unha edición de We Love Katamari) e a Rob Zombie e, ¿qué sacamos? Pois ó vídeo Wrong Time da cantante SMatka:

Coido que o clip é indescriptible, cunha sucesión de frikadas e fetichismos que poderán pasar á historia dos excesos, onde non falta nin un fulano cunha máscara de Batman (?). A SMatka tampouco se corta en directo, e este vídeo, que subín a YouTube a primeiros do verán, xa chegou ás 2.696 reproducións sen telo publicado no blog, polo que supoño que a fulana esa debe de ter certa sona por Alemaña. ¿Alguén sabía quen era?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS