O paspán do ano

Mentres ninguén demostre o contrario, o fulano que sae na fotografía é o paspán do ano. ¿Por qué o digo? Pois porque o figura entrou nas oficinas de e...

Paspán do ano
Mentres ninguén demostre o contrario, o fulano que sae na fotografía é o paspán do ano. ¿Por qué o digo? Pois porque o figura entrou nas oficinas de e supostamente roubou un ordenador iMac, deses que teñen unha webcam integrada na pantalla, e non se lle ocorreu outra cousa que tirar unhas fotografías coa mesma, sen decatarse de que o equipo tiña asociada a aplicación fotográfica cunha conta de Flickr, polo que a imaxe apareceu na Internet, e dou por sentado que a estas horas debe de estar máis que localizado pola Policía de Vancouver.
Incluso foi rexistrado polas cámaras de seguridade da compañía, así que estariamos ante un dos peores ladróns da historia da humanidade. Supoño que nas vindeiras horas os propietarios poderán recuperar o seu ordenador (¿ou se gardará coma proba ata o xuízo?), pero igual o ladrón sae indemne alegando que é parvo redondo 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS