Judit en Gran Hermano

A pasada noite recibín unha chamada telefónica sorpresa de Carlos Roma, quen me avisou de que en Gran Hermano acababa de entrar Judit Iglesias, a sexóloga no programa Buffet,...

A pasada noite recibín unha chamada telefónica sorpresa de Carlos Roma, quen me avisou de que en Gran Hermano acababa de entrar Judit Iglesias, a sexóloga no programa Buffet, que facía Roma en Código TV:
Judit e RomaJudit e SupermanJudit en BuffetJudit de preto
Iso si, a imaxe que máis graza me fixo das que mandamos ós xornais dende Código TV (para que aparecesen xunto á nosa programación no ABC) foi a seguinte:
Judit e un preservativo feminino
¡Moito rimos o día que Judit trouxo os preservativos femininos! ¡Iso de ver a Roma cun anel vaxinal na man foi todo un panorama!

A súa entrada na casa de Gran Hermano foi como segue:
Tampouco podo calar o feito de que Judit é algo friki, non só polo seu xeito de vestir, senón porque traballou (non sei se segue alí) nunha empresa de informática (o que lle engade un certo aire geek) e mesmo me crucei con ela no Viñetas desde o Atlántico deste ano.

Admito que o feito de coñecer a alguén de Gran Hermano antes de que entrase na casa era algo que non agardaba, aínda que tampouco é algo que me importe especialmente (non sigo ese tipo de programa directamente, ou sexa, que para volver a ver a Judit na tele terá que facer algo digno de mención en Sé lo que hicisteis). Deséxolle moita sorte no concurso, aínda que a verdade é que preferiría que a súa participación no programa non a cambiase moito, pois era unha persoa comprometida, e todos sabemos cómo cambia a algúns a fama…
Por certo, con Judit, ¿non hai así 3 persoas de Galicia en Gran Hermano? De ser así xa sabemos que ningún vai rematar o concurso aínda que sexa só pola xente que vota en favor dos concursantes da súa terra 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS