O herdeiro de Tojeiro

En Chuza! comentan a existencia dunha reportaxe de Jacobo Paz titulado De Putas, no que aparece un señor que quere ocupar o trono de José Tojeiro: Non chega ó...

En Chuza! comentan a existencia dunha reportaxe de Jacobo Paz titulado De Putas, no que aparece un señor que quere ocupar o trono de José Tojeiro:

Non chega ó nivel daquel figura de Cariño, pero o Toniño de Vilaza de Monterrei (Ourense) aínda lle vai dando boas trazas… ¡e tazas! Porque de seguro que tomou algunhas antes da gravación do vídeo.

Para min o mellor da reportaxe é cando solta o de que «agora o diñeiro hai que coñecelo», ou sexa, que algún as pasa putas para ir de putas por culpa do euro 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS