A televisión de cando en vez agasállanos con grandes momentos coma cando o embaixador ruso lle preguntou a unha candidata a Miss España aquilo de “¿que sabes de mi país?” e á rapaza só lle faltou dicir que facían unhas ensaladillas caralludas 😛
A historia tende a repetirse e no concurso Miss Teen USA deste ano a candidata de Carolina do Sur tivo que responder a unha pregunta de Aimee Teagarden na que dicía “Enquisas recentes amosan que a quinta parte dos norteamericanos no saben situar EE.UU. nun mapamundi. ¿Por qué cres que pasa isto?“:
Si, si, a resposta é a hostia: “Creo que os norteamericanos son incapaces de facelo porque algunha xente no noso país non ten mapas, e eu penso que a educación, por exemplo, en Sudáfrica e Iraq, calquera lugar, por exemplo, e creo que eles poderían, a nosa educación aquí, nos EE.UU. , debería axudar ós EE.UU., ou debería axudar a Sudáfrica e debería axudar a Iraq e ós países asiáticos, e así poderiamos ser quen de fornecer o noso futuro“. ¿Un pouco confusa a tradución? Vaia, pero é que a rapaza constrúe as oracións así de ben… sobra dicir que non gañou o concurso, ¿verdade? Pero a xente a vai a lembrar nos EE.UU. como nós lembramos á Miss Melilla de 2001:
ACTUALIZACIÓN: Xa hai unha camisola dedicada á Miss Carolina do Sur adolescente.