Sen inspiración non hai futuro: le libros

Na República Checa están a lanzar unha campaña de fomento á lectura na que amosan a personaxes de comics lendo libros. Dentro do universo Marvel colleron, como non podía...

Na República Checa están a lanzar unha campaña de fomento á lectura na que amosan a personaxes de comics lendo libros. Dentro do universo Marvel colleron, como non podía ser doutro xeito, ó trepamuros:
Spider-Man lendo
Iso si, do Universo DC vese que Batman, Superman, Flash, Wonder Woman e Green Lantern estaban ocupados, e colleron a Halle Berry disfrazada de Catwoman:
Catwoman lendo
Estes anuncios non sei se serán moi efectivos para levar a xente a visitar BOOKS more & more e a ler, pero eu agradecería que os debuxos fosen de calidade (¿saberán os publicistas o pouco que cobran os debuxantes de comics de verdade por encargos dese tipo?).
Iso si, este tipo de campañas son moi difíciles de facelas ben, e a última que lembro era a da Bola de Cristal na que se amosaban parvadas para rematar dicindo: “si no quieres ser como ellos, lee“. Coido que dende esa campaña xa choveu bastante 🙁

O que algúns frikis podemos considerar algo despectivo que se amosen personaxes de cómic lendo libros coma se os comics non fosen tamén lectura. Ah, e xa postos, ¿por qué non usar a Spidey para fomentar a lectura da prensa?
Spidey lendo o Daily Bugle
Si, si, esas ideas son moi orixinais 😉 ¡Está prohibido comparar as calidades dos debuxos!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS