Vai tomar no cu

Seica no Brasil está a arrasar un vídeo dunha tía que fixo unha canción na que non para de dicir “vai tomar no cu“: Parece ser que xa hai...

Seica no Brasil está a arrasar un vídeo dunha tía que fixo unha canción na que non para de dicir “vai tomar no cu:
Parece ser que xa hai 150.000 persoas que descargaron a canción para os seus móbiles, polo que parece que alí son máis arriscados cos temas musicais, pois en España os Ronaldos limitábanse a chamar a un ghicho Idiota, e para chegar a cancións máis fortes teriamos que mirar ós Fulanitos de Tal, a El Chivi ou a Juampa y la Raja, que nunca chegan ó mainstream. ¿Non é algo raro? Dígoo porque agora xa é normal mandar a tomar polo cu ós colegas a xeito de despedida e chamalos fillos de puta coma algo positivo, polo que coido que aínda queda algo na nosa educación que fai que sexa difícil que unha bastada se popularice e facemos que en YouTube arrasen momentos camisola mollada en Los Hombres de Paco ou o anuncio máis heavy da ONCE (sen deixar de esquecer ó Koala, que xa superou os 8 millóns de reproducións en YouTube).

Supoño que en cada país terán un uso distinto do YouTube, predominando os vídeos musicais no Brasil, mentres que en Francia e en España teñen un chisco máis de forza os clips de coña, no Reino Unido parece que gustan dos contidos da televisión para ver na web e en Italia destaca a testosterona (a tía dos Micrófonos está entre os 20 vídeos máis populares, así coma outros vídeos musicais con moita peitonalidade).

O que é unha mágoa é que YouTube non permita saber cales son os vídeos máis vistos en Galicia, pois igual nos levamos unha sorpresa, xa que non temos que esquecer que aquí Andrés Solo ten máis audiencia que o PPdeG (van 9.661 a 6.761 neste intre) e os seguidores de Gayoso e de Superpiñeiro non están moi activos na Internet

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS