Peter Porker é Spider-Ham

Aínda que a película dos Simpson non tivese moitas coñas orixinais para os seguidores da serie, o detalle do porco que facía de Harry Po-potter (¡cómo rin ó ver...

Aínda que a película dos Simpson non tivese moitas coñas orixinais para os seguidores da serie, o detalle do porco que facía de Harry Po-potter (¡cómo rin ó ver ó rancho co lentes e o lóstrego pintado na fronte!) e o Spider-cerdo causaron un furor importante na Internet (mesmo hai camisolas co seu logo), o que fixo que incluso algúns perdesen a vergoña e cantasen a canción do heroe:
Pero o curioso é que co gallo da película moitos están a lembrar que o Spider-Man convertido en porco non é Spider-Pig senón Spider-Ham, que naceu no seguinte cómic:
The Spectacular Spider-Ham
Na mesma colección incluso lle botaron o valor de parodiar momentos históridos do trepamuros:
Peter Porker deixa de ser Spider-Ham
E ultimamente incluso apareceu nas portadas alternativas do número Spider-Man – The Other: Evolve or Die:
Spider-Ham nunha portada alternativa
Esta última portada era obra do magnífico Mike Wieringo, que por desgraza faleceu o pasado luns dun infarto ós seus 44 anos.

Unha mágoa que nos deixara un autor tan significativo, que tan presente tiña ó Spider-Ham, como se pode ver tamén nesta boísima portada que está moi de actualidade (pola edición española de Civil War):
Spider-Ham na Ultimate Civil War
Ese cómic contaba coa presenza do Wolverham, aínda que a min pareceume máis significativa a aparición dun Gambito-porco na portada que curiosamente me lembraba a un personaxe que ten moito que ver co Viñetas deste ano (o debuxante é un dos convidados desta edición e o guionista forma parte da organización):
Gorka por San Julian
¡Longa vida ó Spider-Porco!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS