9 Agosto, 2007
O meu irmán vén de avisarme de que os arxentinos Dios Salve a la Reina actuarán na Coruña o vindeiro sábado ás 23:30 horas no porto. Vendo en YouTube o ben que imitan a Queen estou pensando se ir a velos:
Segundo o programa das Festas de María Pita a actuación será despois dunha batalla pirotécnica naval, que terá lugar ás 23:00 horas, polo que promete ser unha noite interesante na cidade herculina.