Coa chegada do tempo de lecer no verán quero recomendar/lembrar algunhas tiras cómicas diarias que seguro que vos poden facer pasar un bo rato:
–DILBERT:
Ai, ¿en cantas empresas hai persoas que chaman para preguntar se chegou un fax ou un e-mail?
–PC and Pixel:
¿De onde saca un rapaz de instituto os cartos para facerse cun iPhone? ¡A tecnoloxía é unha ruína para moitas economías persoais!
–Secret Asian Man:
O Secret Asian Man estreouse en xullo en Comics.com e a verdade é que resulta moi simpático, e polo momento non decepciona, aínda que ten un humor un tanto rariño, como se pode ver nunha selección de tiras que ten na súa web.
Se non vos chegan estas 3 tiras, tamén podedes dar un voltio polo fotolog de Jesús Martínez del Vas ou polos blogs de Alberto Montt e Mauro Entrialgo.
Debe estar conectado para enviar un comentario.