¡Supergirl!

Acaban de publicar na Rede a imaxe oficial de quen será a rapaza que fará de Kara (Supergirl) na vindeira tempada de Smallville, como medida desesperada para manter a...

Acaban de publicar na Rede a imaxe oficial de quen será a rapaza que fará de Kara (Supergirl) na vindeira tempada de Smallville, como medida desesperada para manter a atención na serie:
Laura Vandervoort
Adrienne PalickiNon dubido que Laura Vandervoort estea ben, pero a incorporación do personaxe hoxe en día paréceme unha trapallada, pois no último episodio da terceira tempada (lembremos que agora chega a sétima) xa aparecía unha rapaza á que Jor-El lle lavara o cerebro para que pensara ser Kara. Ademais, Adrienne Palicki paréceme unha actriz moito máis axeitada para facer de curmán de Kal-El.
A min a aparición de Kara lémbrame demasiado á de Lois Lane, pois Chloe comentaba que nun episodio que era o nome da súa curmá e o empregaba coma pseudónimo para publicar un artigo no Planet, o que case descartaba a Lois coma personaxe real na serie… pero logo apareceu. O mesmo parece pasarlle a Supergirl, que estaba descartado dende hai 4 anos e agora resulta que o retoman, aínda que nun momento no que a serie xa perdeu todo o seu pulo inicial pois dende o comezo agardaban que durase entre 4 e 5 tempadas e xa vai pola sétima. A ver se agora a saben rematar ben (os rumores apuntan a que remataría na 8ª), que iso sempre é mellor que unha cancelación.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS