Hoxe, por mediación de Andrés Milleiro, participei en Voces de Galicia en Radiovoz (permitese berrar “Fuck” ós zappineiros que estean a ler isto), de xeito que coñecín a Isidoro Valerio, aínda que o que me fixo máis graza da xornada foi cruzarme na porta con Pablo Portabales mentres estaba a falar por teléfono co único, o irrepetible e inimitable El Parga, artista ó que tiven a honra de coñecer mentres participaba na xira promocional da película El Ekipo Ja (coido que fun moi friki ó pasar olimpicamente dos actores máis coñecidos da peli e botarme ó Parga coma se fose unha estrela de Hollywood).
Deixando frikadas aparte, aínda que a experiecia foi boa, teño que recoñecer que o formato do debate me deixou algo descolocado, pois participabamos moitos e se trataron moitísimos temas, como podedes escoitar a continuación:
Non agardaba atopar tantas voces a favor do meu discurso contra os manuais de instruccións incomprensibles (coido que o tema lle tocou a fibra sensible a máis de un) e temo que asuntos como a televisión de alta definición ou o acceso á Internet darían para un debate enteiro (especialmente ó ser tanta xente que podía achegar perspectivas diferentes) pero se o queren facer así supoño que será para non aburrir á xente que non queira temas en profundidade (que igual os deixan para programas como Al Final del Día ou La Voz de la Empresa).
Debe estar conectado para enviar un comentario.