R en Melide

No Correo contan que R vai dar cobertura a 2.000 vivendas de Arzúa antes de rematar o ano, e a primeiros de 2008 poderían comezar a operar en Melide:...

No Correo contan que R vai dar cobertura a 2.000 vivendas de Arzúa antes de rematar o ano, e a primeiros de 2008 poderían comezar a operar en Melide:

Dopico e García Couso en ArzúaEl próximo objetivo de R será llevar sus servicios al Ayuntamiento de Melide. Según Sánchez, sólo falta que aprueben el proyecto y que nos den la licencia para hacer las obras, “e esperamos que sexa xa este mes”.
El proyecto para el centro urbano melidense prevé llevar la fibra óptica a “3.300 vivendas e locais”, exactamente igual que en Ordes, donde ha empezado a operar recientemente. R espera instalarse en Melide “a principios do próximo ano”.

Ademais, tamén engaden que:

El rural, por Wimax
Esta primera fase del proyecto de R no contempla que la fibra óptica se extienda a las parroquias del rural, aunque no se descarta que se lleve a cabo en 2009. Se utilizará, para ello, la tecnología Wimax .

Eu son un cliente satisfeito con R en A Coruña, pero non poño a man no lume por eles nas vilas, pois mesmo nas cidades hai zonas nas que a cousa non vai moi ben. Supoño que se currarán ben a cousa, pero hai que advertir que os prezos de R son moi elevandos e para os máis esixentes pagan a pena, pois dan o mellor acceso á Internet que se comercializa en Galicia.

Nun principio R é unha boa oferta para os usuarios que queren unha boa conexións á Rede, pois teñen boas latencias (ou sexa, que son mellores que os ADSL para chatear e xogar) e boas velocidades (6 Mbps de baixada e 300 Kbps de subida na súa conexión normal e 9 Mbps de baixada e 600 Kbps de subida por 5 euros adicionais). Para a xente que non queira unha conexión moi boa, existe a posibilidade de contratar co seu paquete básico de telefonía unha conexións de 1 Mbps por 12 euros adicionais, de xeito que si que sería unha das ofertas máis económicas do mercado (e que supoño que será a que arrase en Melide). Ademais, coa conexión básica tamén poñen unha toma de antena, dende a que se ven as canles de televisión analóxica e varias dixitais, cunha calidade mellor que a meirande parte das antenas que hai na vila, aínda que coa mágoa de que se perderán as televisións locais na operación (abur a Dez TV).

Despois, no tocante á televisión, supoño que o asunto só le interesaría ós clientes habituais de Digital+, e aínda que ata o momento a oferta de R era unha merda (estaba en analóxico), veñen de estrear a televisión dixital, polo que incrementaron tanto o número de canles como a calidade de recepción e, aínda que a oferta de canles non é mellor que a de Sogecable, non está mal.

En conclusión, ¿cal é o meu consello? Pois dependería dos casos. Se falas moito por teléfono non recomendaría R, pero en caso contrario é unha opción caralluda, especialmente para os que aínda non teñen conexión á Internet. Ademais, Telefónica ofrece altas de balde un par de veces ó ano, polo que os que se arrepintan teñen solución doada. Supoño que cando comece a operar R en Melide será cando poidamos falar de se o servizo é bo.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS