Pelis para o verán

Este verán parece que va a achegar películas interesantes, das que fago una selección: 4 de xullo – Transformers 11 de xullo – Harry Potter y la Orden del...

Este verán parece que va a achegar películas interesantes, das que fago una selección:

  • 4 de xullo – Transformers
  • 11 de xullo – Harry Potter y la Orden del Fénix
  • 27 de xullo – Los Simpson
  • 3 de agosto – Planet Terror e Ratatouille
  • 10 de agosto – Los 4 Fantásticos y Silver Surfer
  • 17 de agosto – El Ultimatum de Osbourne e TMNT
  • 31 de agosto – Deadproof e Hora Punta 3
  • 7 de setembro – La Junga 4 e Os declaro Chuck y Larry

Sí, picarei coas películas de Transformers, Potter, Simpons, os 4 F, Osbourne e, posiblemente, coa das Tartarugas Ninja, e estou pensándome o de Hora Punta 3 (supoño que a deixarei para o DVD, como con case tódalas pelis de Jackie Chan) e a última de Bruce Willis (que volve a ter problemas de tradución do título, pois a versión orixinal fai un xogo de palabras que aquí se perde). Ah, e tras coñecer algunhas críticas coido que vou pasar de Grindhouse (Planet Terror e Dead Proff). Xa irei comentado segundo vai vendo películas.
Iso si, tralo verán tamén hai títulos interesantes:

  • 26 de outubro – Stardust
  • 31 de outubro – Resident Evil: Extinción
  • 30 de novembro – Beowulf
  • 5 de decembro – Donkey Xote e Bolas de Furia
  • 19 de decembro – Yo soy leyenda

Tanto Stardust coma Beowulf me parece interesantes polos autores que están nesteas producións (son do mundo dos comics), a de Resident Evil considéroa imprescindible (gusto das entregas anteriores, aínda que sexa só porque son acción pura e dura) e a última de Will Smith pode estar moi ben, aínda que está por ver se Yo soy leyenda supera obras coma Y, el último hombre (cómic) ou El último hombre… ¡vivo! (clásico de Charlton Heston).
¿Esquecín mencionar algunha película? ¿Hai algunha outra peli que un friki coma min debería ver antes de rematar o ano?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • San Diego Comic-Con, tráilers a mogollón

    Unha ano máis a Comic-Con de San Diego confirmou que xa non é un evento centrado na banda deseñada, senón na industria do lecer en xeral, de xeito que...
  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...