O Audi de Iron Man lémbrame que está a pique de comezar a tempada de pelis (e que o cine tamén pode recibir achegas económicas a través da publicidade, e non só esprimindo directamente o peto dos espectadores). Por fin van a chegar ás carteleiras as películas frikis que levamos tempo agardando. Preparei así un calendario con algunhas destacables:
30 de abril: | Iron Man |
9 de maio: | Speed Racer |
16 de maio: | La crisis carnívora |
22 de maio: | Indiana Jones y el Reino de la Calavera de Cristal |
20 de xuño: | El Increible Hulk |
27 de xuño: | Los Cronocrímenes Diary of the Dead Forgetting Sarah Marshall |
4 de xullo: | Las Crónicas de Narnia: El Príncipe Caspian |
11 de xullo: | Kung Fu Panda Hancock |
18 de xullo: | Wanted Get Smart (El Superagente 86) |
25 de xullo: | X-Files: I Want to Believe |
1 de agosto: | La Momia 3 |
8 de agosto: | Wall·E |
13 de agosto: | The Dark Knight |
29 de agosto: | Hellboy 2 |
Marquei en negriña as que teño pensado ir ver, aínda que nunca se sabe (ao final igual perdo algunha e vou a outras sen contar).
O que destacaría especialmente é que parece que a planificación das estreas é moi boa, de xeito que cada película baseada nun cómic se estrea nun mes distinto (agás no caso das 2 últimas, que conservan unha distancia prudencial).
¿Cales funcionarán mellor? Resulta difícil facer un prognóstico, pero eu coido que as películas que van facer mellor taquilla das mencionadas serán a de Iron Man (que é a que ten mellor pinta) e a de Indiana Jones (polo elemento nostálxico) aínda que admito que preferiría que arrasase a de Batman (The Dark Knight) pois iso podería impulsar a adaptación de máis personaxes do Universo DC, que normalmente se limita aos dous de sempre (Bats e Supes).
O trailer de Iron Man deixa claro que a peli vai ser unha pasada:
¿E qué películas defraudarán? Desconfío moito da película de Indy, pero creo que poden estar bastante peor a do Superagente 86 ou La Momia 3, e incluso apostaría algo a que a segunda entrega das Crónicas de Narnia non vai ter o tirón de sagas como a de Harry Potter. Ah, e o fiasco do ano podería ser Speed Racer, pois non creo que haxa moita xente que se deixe levar pola nostaxia de Meteoro.
Para apostar seguro, non creo que ninguén dubide que Kung Fu Panda e Wall·E van facer boa caixa só por estar dirixidas aos cativos (aínda que admito que teño ganas de ver as dúas) e Hellboy 2, sen facer marabillas, tamén conservará os bos resultados da súa anterior entrega (que sin ser espectacular, convenceu aos amantes deste tipo de cine, o que é difícil que consiga Wanted).
Remato subliñando que a meirande parte das estreas do verán poderían saír directamente en DVD, pero está claro que a época é boa para aproveitarse do público mozo e infancil, que tragará calquera cousa sen contemplacións.
Debe estar conectado para enviar un comentario.