Jaimito is in da house

Os de Valemusic están coma cabras, pois non lle chega con sacar discos dos triunfitos, senón que tamén intentan que o videoclip Jaimito is in da house axude a...

Os de Valemusic están coma cabras, pois non lle chega con sacar discos dos triunfitos, senón que tamén intentan que o videoclip Jaimito is in da house axude a converter o tema na canción do verán:
Este clip leva unhas 3.000 visitas en 2 días (o que supoño que se disparará durante a presente semana porque supoño que sairá en varios programas de televisión e blogs) pero, aparte do mal gusto do vídeo, o que me pareceu patético é que non respecten a relación de aspecto do clip, pois está claro que se gravou a 16:9 e que o deformaron ó subilo á Rede. Para demostralo aquí vos deixo unha versión corrixida:
Supoño que o realizador do vídeo estará bastante mosqueado ó ver que lle escarallaron o clip por pailáns, aínda que as televisións seguro que reciben unha copia en DVD de xeito que non meterán o zoco.
Ah, e de paso tamén agardo que esta estratexia patética non lles funcione ata o punto de que se converta no Koala deste verán. De feito, en YouTube hai un vídeo comparable dende o verán de 2006 que se chama Fredy in da house e que tamén pasou sen pena nin gloria:

Por suposto, eu quedo co tema que supoño que inspiraría os títulos dos 2 anteriores vídeos, o Body Count’s in the house que cantaba Ice-T e os seus no polémico disco que incluía o tema Fuck The Police:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS