4 Xuño, 2007
O cómic da morte de Superman foi un dos máis importantes de DC fóra de sagas cósmicas, e actualmente están a rematar a película de animación na que se conta o dramático momento. Superman: Doomsday estrearase en DVD e xa temos un trailer non oficial:
Os cabróns que vaian á Comic-Con de San Diego poderán asistir a un pase previo da película, o día 26 de xullo, mentres que o resto dos humanos deberemos agardar ó 18 de setembro para ver como Doomsday dá de hostias a Superman ata matalo… aínda que non sei se realmente a película remata coa morte ou coa resurrección de Supes (a resurrección levou case un ano nos comics).