Xa hai cartel de Rock e Motos 2007

A festa máis movida de Palas de Rei (deixando aparte os recontos electorais) é a xa tradicional Rock & Motos, que este ano me sorprende coa presenza de Marea...

A festa máis movida de Palas de Rei (deixando aparte os recontos electorais) é a xa tradicional Rock & Motos, que este ano me sorprende coa presenza de Marea día 27 de xullo. Logo, tamén estarán o día 28 os mozos de Riff Raff (a banda ferrolá tributo a AC/DC), Festicultores e Raúl Lerena, segundo puiden ver no blogue de Vítor de Palas:
XII edición de Rock e Motos
De Marea supoño que non haberá nada que dicir, pero so Riff Raff tamén teñen moitos seguidores, aínda que eu prefiro cando algúns dos seus membros actúan como McKuin.
Para ir quecendo os motores, deixo aquí o primeiro videoclip do último disco de Marea (do que estou gustando bastante):

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS