¡Melide musical!

Vaia, o outro día xa pasaron pola vila de Melide os de Milladoiro, para animar o cotarro, e agora farán o mesmo os de Berrogüetto, segundo lin en Xornal.com:...

Berrogüetto
Vaia, o outro día xa pasaron pola vila de Melide os de Milladoiro, para animar o cotarro, e agora farán o mesmo os de Berrogüetto, segundo lin en Xornal.com:

Berrogüeto e algúns dos finalistas do concurso Nsaio no Camiño, mañá en Melide

  • Ao concurso presentáronse máis dun cento de maquetas de grupos noveis galegos.

A vila coruñesa de Melide, acolle mañá o quinto concerto que se inclúe no Concurso Musical Nsaio no Camiño, organizado pola dirección xeral de Xuventude da Vicepresidencia. O director xeral de Xuventude e a delegada provincial, Tereixa Novo, presentaron esta mañá en Melide, estas actuacións.

O concerto terá lugar mañá, a partir das dez da noite, na praza da Alameda de Melide. Os asistentes poderán disfrutar coa música celta dun dos grupos máis coñecidos e de máis éxito no panorama musical galego, Berrogüetto. Tamén actuarán os tres grupos galegos que chegaron á final do concurso de maquetas na modalidade de música folk. Trátase da formación “Guezos”, que mestura música folk con tintes de rock, “Coandeira”, que interpretan música tradicional e “Sonhos”, de música galego portuguesa.

Nsaio no Camiño

Este concerto é o quinto, o penúltimo que terá lugar dentro do I Concurso de Nsaio no Camiño, que organiza a dirección xeral de Xuventude xunto coa Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, co obxectivo de lanzar a carreira profesional de novos valores musicais.

De feito, desenvolver unha carreira musical profesional será o premio que acadará o artista ou grupo que resulte gañador do I Concurso Musical Nsaio no Camiño. O certame, que pretende ser un referente musical a nivel estatal, desenvólvese a través de seis concertos nos que participan os quince concursantes finalistas, de cada unha das modalidades. As actuacións teñen lugar en varias vilas galegas polas que discorren os distintos Camiños de Santiago polo que o concurso xa recalou en Mondoñedo, Fisterra, Verín e O Grove.

Tras o concerto de Berrogüetto de mañá en Melide, só falta o que terá lugar en Lugo o vindeiro 15 de setembro, que contará con Los Suaves como grupo invitado. Será no transcurso deste concerto cando se dará a coñecer o nome do gañador dunha carreira discográfica.

Vaia, a min faríame máis graza que en vez de Berrogüetto viñesen os Suaves, pero supoño que os que busquen música cañeira pasarán polo Rock e Motos de Palas de Rei.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS