2 Xuño, 2007
Luisma pasoume por correo electrónico unha perla sonora que xa me amosara hai tempo Raquel Noya (compañeira de Código Cero) pois leva esa gravación no móbil. Finalmente esquecín pedirlle o ficheiro, e agora que xa o teño véxome na obriga de compartilo:
Como podedes oir, polo minuto 2 é cando a muller ten que cantar claro e solta a gran frase de “me fendía la cona en sien mil pedasos” que quedou gravada na miña memoria a ferro, xunto co “me cagho nas estrellas“, as “prespetutas” de José Tojeiro e a recente “cona de 70 estalos“.
Non sei máis detalles da lea que se menciona na gravación (supoño que nas hemerotecas se poderá ampliar a información) pero o testemuño sonoro é histórico 😛
Debe estar conectado para enviar un comentario.