Non sei qué fumarían os de Reuters para dar a seguinte nova:
As mascotas virtuais xaponesas Tamagotchi están listas para unha nova vida coma estrelas cinematográficas, cunha película de animación que sairá a finais de ano.
Os Tamagotchis conforma de ovo simulaba ser unha mascota real que tiña que alimentar e limpar o seu dono, e que se fixeron moi populares en 1997 da man de Bandai (empresa coñecida actualmente coma Namco Bandai Holdings Inc.).
Vendéronse máis de 40 millóns de unidades globalmente, chegando en 2004 os Tamagotchi Plus, que renovaron o seu éxito da man de Bandai America.
Ou sexa, ¡¿que van facer unha película dos Tamagotchi?! ¡¿Non lles chegou coas Tamagotchi Adventures?!
Uff, ¡qué chungo! Despois disto xa me imaxino a película de Tetris ou a serie de televisión dos dragóns de Puzzle Bobble, aínda que supoño que o máis probable será que fagan unha adaptación ó cine dos Nintendogs 😛
Debe estar conectado para enviar un comentario.