Outra decepción con Eurovisión

Ai, esta ano vin o comezo do Festival de Eurovisión, e tocoume comprobar a merdiña que mandou España a participar (¡¿non había outra cousa que non fose unha copia...

Ai, esta ano vin o comezo do Festival de Eurovisión, e tocoume comprobar a merdiña que mandou España a participar (¡¿non había outra cousa que non fose unha copia dos Backstreet Boys?!). Logo vin un par de cancións decentes e un par de actuacións que daban a nota bastante (debían querer repetir o éxito de Lordy do pasado ano) pero cando pola noite se me deu por comprobar quen gañara, quedei abraiado ó ver que fora Serbia:

A verdade é que nin a cantante nin a canción me parecen destacables, e prefería sen dúbida a canción finlandesa que quedou nun triste posto 17 pese a que era un dos temas favoritos antes da gala. O Leave me alone de Hanna Pakarinen (que é a gañadora do equivalente a Operación Triunfo en Finlandia no 2004) non terá unha letra moi rica, e parecerá unha copia de Within Temptation, pero foi a única canción que me entrou ben polas orellas o pouco que vin da retransmisión televisiva deste ano:

A Pakarinen incluso versiona decentemente o Join Me de HIM:

Como mínimo o fai moito mellor que os Xiquets de Banyoles 😛 :

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS