1 Maio, 2007
A pasada fin de semana comentaba que no Faladoiro de Correo TV se debateu sobre o estado da lingua galega o pasado xoves, e hoxe penduro na Rede o correspondente vídeo:
No programa participaron Xesús Ferro, Manuel González, Marisol López e María Xosé Pérez Mariño, que contaron coa sempre atinada moderación de Susana López. Durante o programa comentáronse as seguintes perspectivas (pesimistas e optimistas) sobre a situación da nosa fala, de xeito que podemos tomar as nosas propias conclusións.