30 Abril, 2007
José Luis Orihuela e Enrique Dans lanzan un meme nos seus blogs que me parece interesante seguir, pois se trata de suxerir ós seus amigos o uso do servizo de localización Map My Name, que serve para situar ós internautas no mapa:
Supostamente este experimento serviría para censar ós internautas e tamén para poder estudar a relación entre os mesmos, ou sexa, para demostrar empíricamente a teoría dos seis graos de separación. Eu atoparíalle utilidades máis prácticas, como a de identificar a veciños con intereses comúns para quedar a tomar algo (se é para friquear ou para ligar xa sería un tema aparte), pero se prefiren realizar o experimento a xeito de investigación… ¡alá eles! 😉