Hoxe atopei na Rede unhas fotos que me inspiraron títulos para as mesmas, ou simples comentarios, que non podo evitar compartir neste espazo:
¿Te gusta conducir?
Si, o anuncio de BMW é moi distinto de esta imaxe, pero as miñas conexións sinápticas son moi excéntricas, e asociaron unha idea coa outra 😉
La Otra
A segunda canle autonómica da Comunidade de Madrid podería empregar imaxes coma esta nas súas campañas publicitarias.
¿Censura?
A liberdade de expresión ten moitas caras e así, tanto se pode limitar este dereito dende o punto de vista do emisor coma do receptor. Así, moitos países están a pór cancelas ó campo, e así cercenan a liberdade de información dun xeito que é difícil considerar admisible, de aí que imaxes coma esta resultan moi ilustrativas para comprender o que pode supor algo tan aparentemente inofensivo coma afastar algúns contidos de certos países.
Debe estar conectado para enviar un comentario.