Lage no Faladoiro

O pasado xoves José Manuel Lage Tuñas voltou a pasar polo Faladoiro de Correo TV, esta vez para debater con Carlos Aymerich (BNG), Alejandro Gómez Alonso (PPdeG) e Carlos...

O pasado xoves José Manuel Lage Tuñas voltou a pasar polo Faladoiro de Correo TV, esta vez para debater con Carlos Aymerich (BNG), Alejandro Gómez Alonso (PPdeG) e Carlos Luis Rodríguez (El Correo Gallego). O programa resultou bastante interesante, como podedes comprobar a continuación:

Este tipo de participacións no Faladoiro serven para ver a xente coa que un non se atopa frecuentemente (aparte de na tele, a última vez que vira a Lage fora no Enredad@s) e o venres tamén me sorprendeu Susana López (a presentadora do debate) coa presenza de Manolo González (presidente da Asociación PuntoGal) falando sobre a situación actual do galego. A ver se para a vindeira semana atopo un intre para pendurar na Rede tal interesante tertulia.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS