14 Febreiro, 2007
O humorista gráfico John Trever publicou no The New Albuquerque (si, o xornal do lugar ese no que Bugs Bunny sempre esquece xirar á dereita) unha ilustración que reflicte excepcionalmente cómo sería unha celebración super-friki do día de San Valentín (digna do propio Wicho ou de calquera outro habitual da Casa das Ciencias):
Agardo que vos fixera graza, e que, se tedes alguén a quen facer un agasallo no Día Internacional das Florerías, procurade non ser moi cutres (se regalades unha pedra… que sexa de Santiago) 😉
Debe estar conectado para enviar un comentario.