Edilberto Alonso homenaxea ó seu pai cunha canción

Hoxe é o 37º cabodano de Edilberto Alonso Crespo, pai do noso trovador curtiense favorito, que decidiu lembrar ó seu proxenitor condando a súa biografía, de xeito que deixa...

Hoxe é o 37º cabodano de Edilberto Alonso Crespo, pai do noso trovador curtiense favorito, que decidiu lembrar ó seu proxenitor condando a súa biografía, de xeito que deixa constancia da súa evolución persoal (medrando de criado a amo).
To My Daddy - Edilberto Alonso
Esta nova canción, que chega dende Irlanda, non esquece detalles que identificarán persoas que non están tan lonxe, como a Ponte do Sapo en Vilasantar, ou o vello camiño de Curtis a Arzúa. Estar na lonxanía non afasta a Edilberto da súa terra, nin dos seus recordos.
Velaquí tendes a homenaxe de Edilberto Alonso a seu pai:


Edilberto pediume que puxese xunto á canción, a tradución do que di ó final da mesma, para os que non saiban inglés:

Daddy oh my poor Dady i still missed you ( Papae oh meu papae todavia te boto de menos )
Daddy oh my poor daddy I love you more than anything ( Papae oh meu pobre papae queroche mais que a nada no mundo )

Agradecemos dende aquí a Edilberto o remitirnos esta súa nova canción (tamén incluída no Edilberto Player), que agardamos que reciban con agarimo tódolos habitantes de Curtis, e que lles faga lembrar os vellos tempos con morriña e un pouco da ledicia que tanto se agradece nestas datas tan sinaladas.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS