A simplicidade dos Mac

Si, maqueiros, en moitas cousas tedes razón. En verdade é certo que un Mac xa vén listo para o seu uso, como se pode ver neste vello vídeo: Aínda...

Si, maqueiros, en moitas cousas tedes razón. En verdade é certo que un Mac xa vén listo para o seu uso, como se pode ver neste vello vídeo:
Aínda así, eso mesmo tamén se podería aplicar á cutre Intel DOT.Station que en España se coñece comunmente por Paquito e que só custa uns 100 euros. Non quero dicir que os iMac sexan tan cutres, senón que hai opcións máis económicas que Apple e HP, que poderían servir a moitos usuarios (un dos motivos polo que non vexo claro o proxecto de Negroponte para darlle portátiles de 140 dólares ós nenos do Terceiro Mundo, xa que é posible aquirir ordenadores de verdade por tal prezo en eBay).
Así pois, tras recoñecer o ben que o fan os de Apple cos seus equipos o que habería que pedir é que os fabricantes de PC se puxesen as pilas para non tolear ós seus usuarios. ¿Por qué ten que ser máis complicado comezar a usar un ordenador de sobremesa que un portátil? Aí queda iso.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS