6 Decembro, 2006
No blog da U.D. Santiso atopo o cartel do vindeiro encontro da Selección Galega no Estadio de Riazor:
Pero o que máis me sorprendeu foi a data: ¡o Día dos Inocentes! ¿Sairán os xogadores de Ecuador co monigotes pegados ás costas? ¿Aproveitarase o evento para algunha broma masiva (botar frío-quente nos asentos ou algo semellante)? Quen vaia ó encontro… ¡que teña coidado!
Ah, e non remato sen destacar que se poden reservar as entradas para o partido a través da Rede:
Debe estar conectado para enviar un comentario.