Para os que non o saiban, este Nadal vai ser o da loita pola telefonía móbil, xa que aparece o cuarto operador de telefonía, Xfera, que finalmente se presentará baixo a marca Yoigo, e que xa iniciou as súas activididades cunha interesante campaña publicitaria:
Si, teñen unha tarifas moi sinxelas:
Precisamente as súas tarifas son o que consideran un acto de sinceridade que tamén ilustran nun par de anuncios máis:
Este último spot paréceme que vai ser o que sexa máis comentado, pero tamén parece nacer de certo cinismo (coido que a propia operadora tamén paga menos ás súas empregadas que ós seus empregados).
Para min, o anuncio máis claro é o primeiro, no que explican que cobran o mesmo por chamar a calquera operador móbil, aínda que ó contrario non resulte igual, xa que Movistar xa anunciou que porá recargo nas chamadas a números de Yoigo.
Para os que teñan medo de non ter cobertura podo comentar que Yoigo chegou a un acordo con Vodafone para usar a súa infraestrutura onde non a teñan propia (ou sexa, en case toda España) polo que a nova operadora podería funcionar aceptablemente, aínda que os seus servizos disten moito do que algúns dan en chamar telefonía low cost.
Está aínda por ver se as Operadoras Móviles Virtuais (OMV) traen unha baixada de tarifas significativa, posto que marcas coma Carrefour ou El Corte Inglés van a entrar deste xeito no sector da telefonía móbil, o que garante unhas festas movidiñas para o sector… e un pesadelo para os consumidores, que non saberán qué elixir.
Eu, polo momento, quedarei con Vodafone, pois estou satisfeito coa cobertura e os prezos, cousa que non me pasaba con Amena.
Debe estar conectado para enviar un comentario.