A listaxe de descargas de Firefox

Na Abadía Digital vexo un vídeo do que non dou creto: un fulano está amosando cómo se descargan uns ficheiros e cando se ve a caché de descargas do...

Caché de descargas de FirefoxNa Abadía Digital vexo un vídeo do que non dou creto: un fulano está amosando cómo se descargan uns ficheiros e cando se ve a caché de descargas do seu navegador (o Mozilla Firefox) atopamos que entre as súas últimas descargas hai un ficheiro chamado teen – blowjob – fuck – 03.wmv, que como todo o mundo sabe, é o trailer da versión do director da última película premiada no Festival de Sundance, e non ten nada que ver cun vídeo pornográfico que puidera descargar o protagonista do vídeo.
O vídeo enteiro non é moi aclaratorio (non entendo papa do que din) pero resulta curioso ver a metedura de gamba de Steve Snedker, que supoño que será un dos principais defensores do lema “The Internet is for porn“:
Iso si, agora teño a dúbida de se na montaxe do vídeo se percataron do asunto e o meteron en plan coña, ou se foi a posteriori cando se decataron da referencia pornográfica no navegador. Xa adianto que se alguén busca por tal vídeo na Rede o que atopará serán referencias á cagada de Snedker e non o vídeo que el descargou 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS