¿Nunca leron o Don Miki?

Coido que se nota o cambio xeracional, pois en Noticiasdot falan da listaxe dos personaxes de ficción máis ricos do mundo ó que engaden o seguinte: De acuerdo al...

Coido que se nota o cambio xeracional, pois en Noticiasdot falan da listaxe dos personaxes de ficción máis ricos do mundo ó que engaden o seguinte:

De acuerdo al artículo que acompaña a la lista (Ver Links Relacionados), los más beneficiados este año fueron los personajes cuya actividad tuvo que ver con la industria militar y el oro, metal que durante 2006 alcanzó precios siderales.
“La rueda de la fortuna tiene una tendencia a rodar especialmente rápido para los miembros de la lista, y este año no hubo excepción”. Luego de esa introducción, la revista se dedica a relatar la situación de Montgomery Burns, el famoso jefe de Homero Simpson.
Tio GilitoLogró duplicar su fortuna gracias a un contrato firmado con Corea del Norte para intercambiar tecnología y hoy posee u$s16.800 millones.
En el tercer lugar de la lista se encuentra Scrooge McDuck, más conocido como Tío Rico. El precio del oro en el que se dedicaba a nadar durante parte de sus aventuras subió tanto que hoy posee una fortuna de u$s10.900 millones.

Portada de Don MikiCoido que a nota de “redacción” que pon ó comezo do artigo é unha auténtica mentira, e se trata dun texto copiado e pegado dunha nota de axencia porque os supostos “links relacionados” non existen e en España non se coñece a ningún Homero Simpson nin a un Tío Rico. A Homer respetámoslle o nome en inglés, pero o brutal para a xente da miña xeración é o de chamar Scrooge McDuck a Gilito McPato, máis coñecido coma o Tío Gilito (por ser tío do Pato Donald).
Na redacción de Noticiasdot está claro que non hai ningún lector da revista Don Miki, na que se recompilaban as historietas de Donald, Goofy e os seus amigos.

Ah, a listaxe de ricos de ficción é a seguinte:

1- Oliver “Daddy” Warbucks
2- Montgomery Burns
3- Scrooge McDuck
4- Richie Rich
5- Jed Clampett
6- Mr. Monopoly
7- Bruce Wayne
8- Tony Stark
9- Prince Abakaliki of Nigeria
10- Thurston Howell III
11- Willy Wonka
12- Lucius Malfoy
13- Tony Montana
14- Lara Croft
15- Mario

Curiosamente non aparecen outros personaxes de cómic coma Lex Luthor ou o Dr. Doom, o que podería indicar que en realidade si seguen a continuidade dos comics, e estean ó día do seu balance económico (moi irregular, xa que nos comics teñen a tendencia a morrer e resucitar periodicamente).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS