Os vídeos máis vistos no YouTube

En Abadía Digital déuselles por facer un repaso polos 10 vídeos máis vistos en YouTube na súa curta vida, dos que varios xa fun poñendo por aquí no seu...

En Abadía Digital déuselles por facer un repaso polos 10 vídeos máis vistos en YouTube na súa curta vida, dos que varios xa fun poñendo por aquí no seu momento, pero dos que me perdera un par deles, que coido que paga a pena repasar:

3ª posición:
Neste vídeo vese un truco de maxia de cambio de roupa a toda velocidade, que deixa abraiado a calquera. Se o truco se fixese só unha vez, aínda podería entenderse, pero cando se fai moitas veces en pouco tempo… ¡¿quen pode explicar cómo se fai?!

7ª posición:
É o que chaman un ninja urbano, aínda que en realidade o que se ve parecen ser adestramentos de especialistas de cine de Hong Kong. Nun principio as piruetas parecen moi complicadas, pero o realmente difícil son as tomas do final do vídeo, onde se ven algunhas caídas e simulacións de golpes, pois aí hai un risco de lesións moi elevado. Cabe subliñar que algunha das tolerías que fan os especialistas teñen un 20% de posibilidades de facelos rematar no hospital (por suposto, iso non se ve no clip, polo que os interesados poden ver algún documental que hai sobre o asunto).

8ª posición:
O vídeo máis terrorífico que hai en YouTube… terrorífico se entendemos que as Forzas Especiais de Freezer metían medo, claro 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...