Corgi Galés de Pembroke

Que o vídeo da Nocilla acade 30.000 visitas nun día é algo que entendo, porque están a falar do mesmo en tódolos xornais e informativos do Estado, pero cando...

Que o vídeo da Nocilla acade 30.000 visitas nun día é algo que entendo, porque están a falar do mesmo en tódolos xornais e informativos do Estado, pero cando se produce o mesmo efecto en vídeos tan sinxelos como a gravación dun cadeliño corgi galés de Pembroke non sei qué pensar. Iso pasou co seguinte vídeo:
E si, o cadelo é unha preciosidade, pero que acade tantas visitas como vídeos de contido político, de videoblogs ou de fragmentos de programas de televisión me deixa totalmente flipado. Iso si, paréceme moi ben que un vídeo se faga popular só pola beleza das súas imaxes (sen estar tomadas de xeito profesional) pois iso dá unha certa humanidade ó vídeo por Internet, pero no agardades que eu poña vídeos dos meus cadelos na Rede… polo momento.
ACTUALIZACIÓN: O vídeo en YouTube tivo unhas 30.000 visitas no seu primeiro día de vida, e superou o medio millón ó día seguinte. ¡Manda truco! O que xa non entendo e por qué non sae na listaxe dos vídeos máis vistos dos día, cando supera sobradamente ó nº 1 de hoxe, pero logo sae de 8º dos máis vistos esta semana. ¿Será que YouTube coloca só en boas posicións os vídeos que lles peta?

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS