Buah, nenos, realmente o trailer de Spider-Man 3 é unha pasada:
Como de costume, para os seguidores do cómic o trailer destripa toda a película, xa que chega con pór 4 cousas en orde para saber todo o que vai pasar. Incluso se ve que o traxe alieníxena (descoñezo como o xusticarán na película, porque aquí non hai Secret Wars) tamén conserva a súa vulnerabilidade ó son, e dame no nariz que a peli vai rematar xusto con Eddie Brock converténdose en Venom, polo que Spider-Man 4 podería ser outra película emocionante.
Uff, a cousa pinta ben, e parece que conservarán toda a forza das outras entregas do home-araña, coa vantaxe de que nesta ocasión poderán vender os bonecos de Spidey por duplicado (en versións negra e azul), que xunto co novo Duende Verde e o Home de Area completarán unha boa colección de figuras de acción para a súa comercialización… ¡para que logo digan que non as pensan ben en Hollywood!
12 Novembro, 2006
Debe estar conectado para enviar un comentario.