Cada vez máis loura

Cando en 1994 Jim Carrey e Jeff Daniels fixeron a película Dumb & Dumber (Dos tontos muy tontos) seguro que non agardaban que co tempo se faría unha precuela...

Cando en 1994 Jim Carrey e Jeff Daniels fixeron a película Dumb & Dumber (Dos tontos muy tontos) seguro que non agardaban que co tempo se faría unha precuela sen eles (que poderían terse aforrado) e que o seu título inspiraría a novas películas. Así, actualmente estase a rodar a película de Denise Richards e Pamela Anderson titulada Blonde And Blonder (¿Dúas louras moi louras?) que non pareceu elixir moi ben o título, xa que se buscamos na Rede por tal peli, a meirande parte dos resultados corresponden á seguinte película de 2004:
Portada de Blonde and Blonder
Ver contracarátula ▼

Que despois dunha película exista a parodia porno no sorprende a ninguén, pero que unha película actual comparta título cunha película porno pode provocar máis dun accidente (lembremos cómo sacan as imaxes das películas nalgún xornal) aínda que recentemente tamén pasou con Hard Candy.
Denise Richards na rodaxe de Blonde and BlonderPero deixemos o título de lado e vaiamos a unha anécdota que ratifica que a actriz Denise Richards é cada vez máis loura, pois esta semana, durante a rodaxe da película en Canada, un par de fotógrafos (AKA paparazzis) apareceron polo lugar e á compañeira de rodaxe de Pamela Anderson non lle deu para máis a cabeciña, e colleulles os seus ordenadores portátiles e tirounos por un balcón abaixo (nun segundo andar), sen mirar se había alguén abaixo nin nada.
Supoño que as dúas anciáns, de 80 e 91 anos, deberon flipar ó ver que dous portátiles caían do ceo, e non podían fuxir deles (a de 80 anos estaba nunha silla de rodas), e aínda que só sufriron feridas leves (por sorte), a cousa non é como para tomala en broma. ¡Menuda irresponsable a Richards! Unha mágoa que non presentaran cargos contra ela as anciáns (a Polícía Montada de Canadá está investigando o asunto e non concretaron se tomarán medidas xudiciais), aínda que supoño que os fotógrafos si reclamarían unha compensación polos seus ordenadores.
Eu non agardaba que Denise Richards, esa adicta á cirurxía plástica, que sae en película con carga erótica e posa sen problemas en Playboy, tivese tantos problemas cos paparazzis, e menos aínda que a marca de tinte que usa lle afectase tanto ó desenvolvemento neuronal. Con estes acontecementos, os chistes de louras cobran actualidade e verosimilitude.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS