O Zune pretende ser molón

O novo reprodutor multimedia no mercado será o Microsoft Zune, que quere ocupar o lugar do Apple iPod, polo que a compañía de Bill Gates está a apostar por...

O novo reprodutor multimedia no mercado será o Microsoft Zune, que quere ocupar o lugar do Apple iPod, polo que a compañía de Bill Gates está a apostar por unha visión artística e de bo rollito do seu novo dispositivo (que destaca por permitir compartir a música por Wi-Fi) e aparte dun portal promocional moi atractivo, tamén lanzan unha páxina artística con varias curtametraxes moi interesantes, das que gustei especialmente da seguinte:

Coido que esta curta está moi inspirada na película de animación do Xigante de Ferro, pero de tódolos xeitos está moi ben feita, cunha animación que me lembra ó anuncio de Levi’s do Boombastic (ou mesmo á serie de Dick Spanner que botaban na TVG).
Está claro que con estas cousas non gañan cartos os de Microsoft, pero serven para ocultar a súa imaxe de xigante tecnolóxico, emulando a visión creativa que a xente ten de Apple. ¿Lograrán os de Microsoft comerlle mercado a Apple? Téñeno moi difícil, pese a que o seu reprodutor poida ser incluso superior (a pantalla, para comezar, xa é máis grande, sen que iso afecte ó tamaño do dispositivo) pero tamén temos que historicamente tanto Creative coma Rio lanzaron dispositivos superiores (e anteriores) ós de Apple sen poder evitar a hexemonía do iPod.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...