Cabaleiros con aquel volve á Galega

Estou que non mexo. Travis avisoume nos conmentarios deste blog que o vindeiro domingo a Galega vai comezar a reemitir a serie Cabaleiros con aquel (The League of Gentlemen)...

Estou que non mexo. Travis avisoume nos conmentarios deste blog que o vindeiro domingo a Galega vai comezar a reemitir a serie Cabaleiros con aquel (The League of Gentlemen) que me pareceu unha das mellores series británicas da historia, coa seguinte sinopse:

Cabaleiros con aquelNa vila de Royston Vasey, unha localidade illada e un tanto peculiar situada no norte de Inglaterra, sucédense as historias dunha veciñanza ben estraña. A través de escenas cómicas e con certo misterio, a audiencia coñecerá o surrealista grupo de persoas que habita na vila.
Entre os personaxes destacan Hilary Briss, o carniceiro que vende carne contaminada cunha substancia misteriosa que causa unha epidemia estraña, Bernice, vigairo malhumorado, alcohólico e que fala sen pelos na lingua, Herr Liss, un profesor de alemán a quen lle gusta intercambiar todo tipo de faldurías co alumnado, e Vinnie e Rennie, dúas señoras maiores que traballan na tenda de caridade da vila e que teñen unhas manías moi extravagantes. Na vila tamén está o veterinario Mr. Chinney, un personaxe con boas intencións que mata accidentalmente todas as criaturas de Royston Vasey.
Mark Gatiss, Steve Pemberton e Reece Shearsmith protagonizan a serie e durante os distintos capítulos conseguen dar vida a uns sesenta personaxes tanto masculinos coma femininos.

Eu teño a serie en DVD (comprada na tenda británica de Amazon) e adóroa tanto na súa versión orixinal como na versión que botaron pola TVG. Estou desexoso de volver a vela en galego, porque a dobraxe merecía a pena.
Xa sabedes, a partires deste domingo este blogue será local (xa o colleredes se vedes a serie).
Deixo aquí un anaquiño da serie, coa miña tenda local favorita:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Farruco nos primeiros tempos da Galega

    Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...