Notilla

“Compromís, gestió, experiència i feina… Montilla“, iso cantan no seguinte vídeo: Pero acabo de flipar porque o ligan dende a web de La Voz e en RadioVoz acaban de...

Compromís, gestió, experiència i feina… Montilla“, iso cantan no seguinte vídeo:
Pero acabo de flipar porque o ligan dende a web de La Voz e en RadioVoz acaban de criticar o clip coma se fose oficial. Eu coido que é unha coña como a que fillen eu co Montilla Firefox 2.0, pero haberá quen pensa que estas cousas están artelladas dende os partidos e as meten no mesmo saco que o “folla’t a la dreta” e non creo que estamos ante casos semellantes (e paréceme brutal que o tomen en serio os xornalistas e tertulianos).
A min o da Nocilla paréceme cutre (pero simplemente porque está mal feito, non pola idea) e non comparto as críticas que están facendo algúns como dicindo que con este tipo de cousas a campaña catalá está moi mal (molaríame ver cousas destas nas vindeiras municipais). Supoño que moito será tamén por falar dende a distancia, porque non lembro que no seu día falasen abertamente de Fragaga e cousas polo estilo.
ACTUALIZACIÓN: Dende El Mundo din que o vídeo saíu do propio PSC, pero eu coido que están a confundir o Partido cos seus seguidores, xa que dende o PSC promoven a participación dos simpatizantes para facer ese tipo de caralladas (chega con ver os banners que publican para apoiar ó seu candidato) e teño a impresión de que na web só recolleron un vídeo que andaba polo YouTube e que nos vindeiros días imos ver como pasa dunhas ducias de visitas a varios centos.
ACTUALIZACIÓN 2: Como xa comentaba, agora confírmase que o vídeo da Nocilla saíu das Xuventudes do PSC. ¿Tanto lles contaba ós xornais chamar por teléfono ós responsables de Campaña para confirmar a autoría dun vídeo que levaba varios días subido a YouTube? Ah, e tamén confirmo os meus auspicios: das 300 visualizacións que tiña o vídeo onte pasou xa a máis de 24.000, ou sexa, que tivo páis de 23.000 visitas en menos de 16 horas.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS