O pasado xoves no Habelas Hailas montouse un Cocktail Cadius (que se demorara unha semana por mor das xornadas Fundamentos Web, ás que asistiron varios dos presentes nesta ocasión). Os primeiros en chegar foron Ramón Nogueira e Fini González, ós que me sumei eu e pouco tardaron en amosarme as fantásticas tarxetas de Moo, que me sorprenderon pola súa calidade (agás polo feito de que non aceptasen tiles e outros caracteres especiais, moito que levará a Fini a facer tarxetas novas), aínda que me quedei sen saber se o resto da xente que chegou logo tamén pedira as tarxetas de visita.
A idea de Moo baséase no servizo de imaxes de Flickr, de xeito que os usuarios poden aproveitar as imaxes que teñan en tal sistema para personalizar un modelo de tarxetas de visita nun tamaño pouco habitual (miden a metade de alto, e incluso veñen cun dispensador de tarxetas) que resulta moi axeitado tanto para profesionais como para blogueiros, pois é un formato diferente que dunha mesma encarga permite a produción de 100 tarxetas distintas (nunha das súas caras):
Por unha banda, as mini-tarxetas teñen a característica de poder ser todas diferentes (o que incluso convida a intercambialas ou a facer unhas máis profesionais e outras máis informais, segundo á persoa a quen se lle entreguen) e, por outra, presentan un grosor aceptable e unha calidade fotográfica.
Eu recoméndoas especialmente para os blogueiros, aínda que para ter un bo prezo hai que encargalas antes de mañá, posto que 100 tarxetas custan 19,99 dólares (menos de 16 euros) sen gastos de envío ata o 15 de outubro, pero a partires de tal data haberá que engadir ó prezo 4,99 dólares de portes.
ACTUALIZACIÓN: Catuxa xa recibiu as súas tarxetas e ó parecer xa está arranxado o problema coas tiles.
14 Outubro, 2006