29 Setembro, 2006
Neno, ¿podes escoitar o seguinte son?
Este ton está nunha frecuencia de 17 KHz, e estano a vender no Reino Unido coma ton para o móbil aproveitando o feito de que os adultos teñen problemas para percibir os sons en frecuencias superiores ós 13 ou 14 KHz, mentres que un oído san debería chegar ó 20 KHz.
¿Decatádevos do asunto? A idea é que se poidan pór no móbil tons de chamada (ou para a recepción de SMS) que non poidan escoitar os adultos, o que podería mellorar a intimidade dos mozos, aínda que eu atopo que esas frecuencias son bastante molestas. Prefiro empregar tons que se poidan diferenciar outros móbiles ou doutro tipo de ruídos pero continúo coa dúbida: ¿alguén (que non estea xordo) non estoita o son en cuestión?
Debe estar conectado para enviar un comentario.