¡Mothra vive!

¿Lembrades as pelis de Godzilla? Si, esa especie de dinosaurio semellante a Tiranosaurius Rex, pero co cara de bo (coma se estivese debuxado por Akira Toriyama). Pois o monstro...

Godzilla vs Mothra¿Lembrades as pelis de Godzilla? Si, esa especie de dinosaurio semellante a Tiranosaurius Rex, pero co cara de bo (coma se estivese debuxado por Akira Toriyama). Pois o monstro máis popular das películas xaponesas dos anos sesenta se enfrontaba a moitísimos inimigos que querían destruír á humanidade, coma Gamera, King Ghidorah, Ghidrah, Rodan e, como non, Mothra. Incluso inspirou unha merda de película protagonizada por Matthew Broderick coa que pretendían aproveitar o pulo de Parque Xurásico para vender unha franquicia nipona que só sobrevivía pola nostalxia e o cutrerío (de aí que intentar facer unha peli seria fose un erro).
Pero, ¿por qué estou lembrando a todos estes monstros feitos de plástico barato? Simplemente ¡porque son reais! Se ben dende Google Maps se puideron atopar as ruinas de vellas vilas romanas, agora o sistema permitíu a localización de Mothra, a mítica polilla xigante, en Alemaña, nun campo ó noreste de Arlesberg, e mediría uns 20 metros de longo como se pode ver facendo unha comparación de escalas da imaxe aérea que a capturou:
Mothra mide máis de 20 metros
Podedes comprobar directamente en Google Maps a presenza de Mothra, ou aforrar a viaxe e mirar aquí a captura de imaxe:
Captura de Google Maps
Agora xa vos vexo a todos percorrendo todo o mundo con Google Maps para atopar a Godzilla. Se o vedes, avisade.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS