Chega Orange

Acabo de ver na televisión o seguinte anuncio: Parece que despois de ano e medio de darlle voltas ó asunto, France Telecom deixará de empregar as marcas separadas de...

Acabo de ver na televisión o seguinte anuncio:
Parece que despois de ano e medio de darlle voltas ó asunto, France Telecom deixará de empregar as marcas separadas de Amena e Wanadoo para unilas baixo a marca internacional Orange. Esta operación se acelerou especialmente trala compra de Aunacable a ONO, e agardábase que o cambio de imaxe chegase antes do Nadal pasado, pero supoño que tocaralle para os vindeiros meses.
A campaña de promición xa está no aire e agora xa podemos comezar as porras sobre a cantidade de cartos que van gastar en pintura os de Amena (para pasar do verde ó laranxa).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS