Nouvelle Cuisine nas Seoane Sessions

Este venres, día 15, a partires das 22:00, o grupo coruñés Nouvelle Cuisine ofrecerá un concerto gratuito no Patio da Fundación Luis Seoane. Esta actividade enmárcase dentro da programación...

Este venres, día 15, a partires das 22:00, o grupo coruñés Nouvelle Cuisine ofrecerá un concerto gratuito no Patio da Fundación Luis Seoane. Esta actividade enmárcase dentro da programación das Seoane Sessions ’06, que ao longo do pasado mes de xullo e ata finais de setembro, están a ter lugar no recinto deste centro de cultura contemporánea. Tralo concerto, o público asistente poderá disfrutar dunha sesión de música ao cargo de pinchas locais. A apertura de portas será ás 21:30h, e a entrada é gratuita.
Nouvelle Cuisine na Fundación Luis Seoane

NOUVELLE CUISINE

Grupo coruñés con cinco anos de experiencia, Nouvelle Cuisine verteu as variadas influencias musicais dos seus membros (Bossa-nova brasileira, pop británico, nouvelle chanson francesa, indie-pop español…) en catro maquetas: Bob, Nouvel Essai, Muy hecho / poco hecho e La merienda. Esta última ten obtido o quinto posto do podio maquetero 2005 propiciado polos votos dos oíntes do programa Disco Grande, de Radio 3, así coma o recoñecemento como Maqueta del año 2005 polo fanzine El Efecto Orégano. Tamén resultou gañadora no Concurso Grupo Revelación Nacional organizado por el Festival Contemporánea, o que permitiu á formación tocar no devantito festival, compartindo cartel e escenario con grupos xa consagrados coma Tachenko, Sr. Chinarro ou La Buena Vida.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS