Somos unha potenzia en camisolas

¡Menudo mosqueo pillei onte! Coidaba que volveran a pór nun horario decente Somos unha potenzia e resultou ser unha ilusión. Veredes, na web da TVG publicaban a seguinte grella:...

¡Menudo mosqueo pillei onte! Coidaba que volveran a pór nun horario decente Somos unha potenzia e resultou ser unha ilusión. Veredes, na web da TVG publicaban a seguinte grella:
Estamos vendo Somos unha potenzia
Si, afirmaban que o programa de Carlos Blanco comezaba ás doce da noite, e que o informativo iría despois e, en vez diso, puxeron o informativo no medio do Show dos Tonechos (¿alguén entende iso?) e o late show quedou para a 1:15 horas, ou sexa, máis dunha hora despois do previsto.
É máis, gustaríame saber quén é o cafre que fai as parrillas de emisión como ésta:
Duración excesiva de O Tempo
A ver, ¿cómo vai durar máis O Tempo que o informativo? Alguén está na berza na web da CRTVG, aínda que supoño que máis que na berza igual está en A Galega.

Pero deixando o meu mosqueo habitual polo horario do programa comezo a botarlle flores coma sempre. Vaia, que a entrevista a Pemán non estivo nada mal, e o espazo de Desencontros esta semana fíxome graza::

Pareceume raro que o Melghacho se deixase afeitar a barba para interpretar ó peculiar lama tibetano, pero supoño que serán obrigas da profesión.

O segundo bloque do programa estivo especialmente ben porque entrevistaron conxuntamente ós responsables das tendas de camisolas máis coñecidas de Galicia, ou sexa, Nicetrip, Rei Zentolo, Once Varas e Aduaneiros Sem Fronteiras, aínda que tiven que dividir ás súas intervencións en dúas partes pola típica limitación de 10 minutos que teñen en YouTube:

As Rumorosas volveron a facer mención a este blog polo vídeo que publicara de Carmen Electra no programa de Howard Stern (supoño que se cortarán e non porán o outro vídeo que saquei de tal programa):

A mágoa da intervención de Chus e Lucía foi que falaron dunha foto que o realizador non colocou en pantalla, polo que non me enterei de qué ía o conto 🙁

O programa rematou co tradicional monólogo de Carlos Blanco, no que facía burla das pancartas que anuncian a celebración das vodas, así como os casamentos despois de despedidas de solteiro desfasadas:

En fin, un bo programa, ó que seguirá outro na mesma liña para a semana que vén. A dúbida está en qué nos entregarán tralo día 12, cando presentan a nova programación de A Galega.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS