¿Lembrades o programa de televisión de Localia chamado Internet@mano?
Si, ¡o programa de Javier Sánchez que botaban en Localia primeiro de xeito semanal e logo de luns a venres, que trataban temas de informática, Internet, xogos e tecnoloxía en xeral! Pois ese espazo televisivo que aumentara a súa frecuencia de emisión presumiblemente para poder integrar máis publicidade de produtos volverá transformado e renovado á televisión, aínda que non nunha canle local en analóxico, senón que chegará a través da TDT. Deste xeito Javier Sánchez non invadirá as nosas pantallas televisivas só con anuncios de teletendas nas que fala cunha loira da boa oferta que supón mercar un ordenador de marca pija. Agora a publicidade a seguirá facendo, pero vestida nun programa completo que chegará a Antena.Neox de luns a domingo en ous horarios distintos: ás 17:30 horas e ás 00:15 horas. O novo espazo se chamará Interneox e xa ten un vídeo de presentación:
O programa promete seguir a liña de Internet@mano e posiblemente conten coa ilustre presencia dos responsables de Microsiervos nas vindeiras semanas. Eu só agardo que sirva para difundir a tecnoloxía entre o público, así como para entreter a toda esa xente que ve cómo a televisión apenas fala dos videoxogos e da Internet (agás que sexa para dar información negativa). Incluso me atrevería a aventurar que a redifusión das 00:15 horas será a máis seguida, xa que é un bo momento para pillar á xente na casa (e se está a ver a televisión seguro que fai zapping, porque a esas horas a programación é unha trapallada). Este luns incluso agradecerei o horario de emisión, xa que así podo encadear Interneox con Somos unha potenzia. A ver se o novo programa non decepciona.